Sunday 05 de May de 2024

Abegondo abre o prazo de solicitude para realizar fogueiras en San Juan


· O Concello habilitou un formulario en liña que os veciños e veciñas poderán cubrir ata o propio 23 de xuño ás 12.00 horas.

O Concello abriu hoxe, xoves 1 de xuño, o período de solicitude para realizar fogueiras de San Juan en espazos públicos. Para axilizar os trámites dos veciños e veciñas, habilitouse un formulario en liña que está dispoñible na páxina web municipal e que os cidadáns e cidadás deberán cumprimentar para a celebración. As solicitudes poden facerse ata o propio 23 de xuño ás 12.00 horas.

O lugar no que se faga a fogueira non pode supoñer un perigo para as persoas ou bens e tampouco poderá superar os 3 metros de ancho, alto e longo. Os solicitantes deberán, ademais, manter limpo un radio de 5 metros ao redor do lume e contar con algún medio para a extinción das chamas en caso de ser necesario. Por último, deberán deixar limpo o lugar nun prazo máximo de 24 horas desde o inicio do lume.

No formulario en liña, requírense datos do solicitante como o correo electrónico, nome completo, teléfono, dirección, parroquia, lugar onde se realizará a fogueira e dimensións da mesma, entre outros.